miércoles, 19 de octubre de 2011

Volcáns

O profe díxonos onte que un volcán na illa de El Hierro, nas Illas Canarias, está en erupción e pode ser que se cree unha nova illa. Parece un pouco raro isto. O mellor será que nos poñamos a investigar sobre o asunto e o próximo luns, na clase de Coñecemento do Medio, lle entramos os e as que queiramos un traballiño sobre os volcáns de xeito voluntario. Podemos comezar a mirar nestes enlaces:

Traballo duns rapaces e rapazas de Salamanca sobre os volcáns

Os volcáns (educación Castela e León)

Tamén podemos mirar na prensa todo o que está a pasar.

Imaxes de volcáns


A traballaaaaaaaaaar!!!!!

jueves, 22 de septiembre de 2011

Moito traballo!

Moito, pero que moito traballo! Iso foi o que nos marcou hora a hora o profe. Corriximos, explicounos e ... exercicios. Mancheas de actividades. Pensamos que non dabamos acabado e que iamos levar un lote traballo para a casa, pero cando nos decatamos de que si estamos en silencio e traballando, da tempo a rematar na clase sen problemas. Tamén nos dixo o profe que os nosos pais e nais xa poden vir ao cole a falar , pero que se lembren de poñerse dacordo con el para que non coincidan dous ou tres ao mesmo tempo.

Pouco a pouco iremos aprendendo cousas e dende aquí nos vale para ir praticando sobre como facer para aprender a aprender.

Saúdos para tod@s.     

domingo, 18 de septiembre de 2011

Benvid@s

O pasado luns, 12 de setembro, comezamos unha nova andaina, XA SOMOS DE QUINTO!

Este curso comezou cun novo titor, Tonecho, danos mate, galego, castelán e coñecemento do medio. Tamén nos da clase Antonio, educación física e plástica, ademáis da Alternativa á Relixión que nos imparte Luz Salgado. A profe de música é Rosa e Luz é a profe que nos aprende inglés.

Iniciamos un novo curso, e con el, este blogue, que a bon seguro nos vai a aportar a todos e todas moito tempo de lecer, aprender e investigar, practicar...

Feliz inicio de curso e BENVID@S!!!!