jueves, 22 de septiembre de 2011

Moito traballo!

Moito, pero que moito traballo! Iso foi o que nos marcou hora a hora o profe. Corriximos, explicounos e ... exercicios. Mancheas de actividades. Pensamos que non dabamos acabado e que iamos levar un lote traballo para a casa, pero cando nos decatamos de que si estamos en silencio e traballando, da tempo a rematar na clase sen problemas. Tamén nos dixo o profe que os nosos pais e nais xa poden vir ao cole a falar , pero que se lembren de poñerse dacordo con el para que non coincidan dous ou tres ao mesmo tempo.

Pouco a pouco iremos aprendendo cousas e dende aquí nos vale para ir praticando sobre como facer para aprender a aprender.

Saúdos para tod@s.     

No hay comentarios:

Publicar un comentario